Tuesday 21 de May de 2024

O pleno aproba o Presuposto Municipal de 2015, que reforzará a posición da Coruña como a cidade máis social, dinámica e investidora de Galicia


O presuposto do próximo ano elévase un 3,2%, ata alcanzar os 252 millóns de euros

O Goberno local aprobou, de xeito inicial, o Presuposto Municipal de 2015, que alcanza os 252 millóns de euros, un 3,2% máis que este ano, unhas contas que permiten reforzar a posición da Coruña como a cidade máis social, máis dinámica e máis investidora de Galicia. Por cuarto ano consecutivo, tamén é a primeira cidade galega que presenta o seu presuposto en tempo e forma para que se execute a partir do 1 de xaneiro e, por cuarto ano consecutivo, conxélanse os impostos.
Na sesión plenaria desta mañá, tamén se acordou definitivamente un modificativo de crédito de 2,51 millóns de euros para investir este ano en programas de colaboración con entidades sociais e deportivas, emprego, modernización dos espazos públicos ou o incremento das axudas para que os veciños poidan executar obras de accesibilidade e instalación de ascensores nos seus edificios.
Ao inicio do pleno, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, leu un comunicado con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o próximo 25 de novembro. Na súa intervención, destacou o compromiso municipal para loitar contra a violencia de xénero e para preocuparse polos nenos e nenas que son vítimas deste tipo de violencia. Así, o Concello conta con programas e campañas de sensibilización para fomentar a igualdade.

PRESUPOSTO MUNICIAL DE 2015
O Goberno municipal aprobou, de xeito inicial, o Presuposto Municipal de 2015, que ascenderá a 252 millóns de euros, o que supón un incremento do 3,2% con respecto a 2014, é dicir 7,7 millóns de euros máis. Así, o presuposto consolidado, incluíndo o equipo de persoal, supera os 275,88 millóns.
“Por cuarto ano consecutivo, somos a primeira cidade galega que presenta o seu presuposto en tempo e forma para que se execute a partir do 1 de xaneiro. Este presuposto completa catro anos de goberno nos que se incidiu en xeración de emprego e promoción económica, gasto social e investimento en modernización de barrios, todo iso sen subir os impostos, co obxectivo de consolidar á nosa cidade como referente do noroeste español en innovación, turismo, servizos sociais, mellora de espazos públicos, eventos deportivos e culturais, e plans de mobilidade e accesibilidade”, destacou o tenente de alcalde de Facenda e Administración Pública, Rosa Galego.
A concelleira recordou que ao final deste mandato se terán aumentado un 40% as prazas en escolas infantís da cidade grazas á posta en marcha de tres novos centros (Agra del Orzán, Padre Rubinos e A Sardiñeira).
O presuposto de 2015 consolida os tres grandes obxectivos que se precisan para que
A Coruña siga sendo o motor de Galicia:
1. A cidade máis solidaria de Galicia, co presuposto para Servizos Sociais máis alto da historia: por primeira vez esta concellaría superará os 16 millóns de euros. Esta decisión permitirá completar a rede de centros cívicos (consolidar o centro Novoboandanza, abrir o da Cidade Vella e arrancar o proxecto do Quiosco Cívico de Catro Camiños) e aumentar un 5,9% o presuposto global para os principais programas sociais (un 32% se se compara con 2011).
2. A cidade que presenta a mellor situación en materia de emprego. A Coruña, é a única cidade de Galicia que reduce a súa taxa de paro durante este mandato, que se sitúa nun 16%, case un punto menos que cando chegou este equipo de goberno, cando había 1.500 familias máis sen traballo que na actualidade.
3. A cidade que inviste máis nos barrios. Así, en 2015, destínanse máis de 50,2 millóns a mellorar os espazos públicos da cidade, o que permitiu multiplicar por 2.000 o investimento no plan de mellora de prazas e vías públicas con respecto a 2011; aumentar un 30% o presuposto para o plan de mellora de accesibilidade de vías públicas; e destinar 1,15 millóns de euros no Plan de Ascensores, un 15% máis que no presuposto inicial de 2014, un proxecto pioneiro no que se investiron nestes tres primeiros anos preto de 5 millóns de euros, beneficiando a máis de 5.000 cidadáns.
Todas estas actuacións complétanse con outros grandes proxectos que están en fase de execución ou xa programados, como o PlanConecta Castrillón e o polideportivo con piscina para este barrio (7 millóns); os aparcadoiros Das conchiñas (máis de 2,5 millóns) e do Materno Infantil (3,5 millóns); ou o concurso de ideas para a redacción do proxecto do novo cuartel da Policía Local.
Tamén hai que destacar os preto de 7 millóns de euros programados para os proxectos Coruña Smart City, unha iniciativa municipal cofinanciada nun 80% polos fondos FEDER e que inclúe 14 proxectos piloto (10 encóntranse xa en desenvolvemento; dous están en adxudicación e os outros dous encóntranse en licitación) e catro máis nos que se está a traballar para lograr que a tecnoloxía se poña ao servizo dos cidadáns.
Rosa Galego explicou na súa intervención que ademais se logrou incrementar o investimento neste triplo obxectivo durante este mandato con respecto aos catro anos do bipartito:
. Empresa, Emprego, Comercio, Mercados e Turismo: 29,15 millóns entre 2012 e 2015, fronte aos 13,8 millóns da etapa do bipartito (incremento do 111,1% neste mandato).
. Servizos Sociais: 61 millóns neste mandato, fronte aos 47,5 millóns do anterior goberno (incremento do 28,4%).
. Urbanismo, Infraestruturas, Rehabilitación e Medio: 338,2 millóns entre 2012 e 2015, fronte aos 297 millóns da etapa do bipartito (incremento do 13,8%).
“A este incremento de máis de 70 millóns no investimento para este triplo obxectivo, súmase un importante esforzo na xestión para conxelar os impostos municipais neste mandato, o que permite aforrar 10 millóns de euros aos coruñeses. É un feito único na historia desta cidade. Nunca antes durante un mandato completo se mantiveran conxelados os impostos e taxas municipais”, afirmou Galego, quen puxo varios exemplos: A Coruñaestá entre as cidades co IBI máis barato de todas as urbes españois (posto 49 de 52); entre as que ten menor débeda por habitante (319 euros por cidadán, case un 75% menos que as cidades de máis de 100.000 habitantes, que teñen unha débeda media de 883 euros); e entre as que paga aos seus provedores en menos tempo (período medio de pagamento de 39 días, fronte á media estatal de 118 días).
O tenente de alcalde de Facenda tamén detallou as principais fontes de financiamento do Concello para o próximo ano:
. Recursos tributarios, impostos directos, indirectos, taxas e outros ingresos, que alcanzan os 155,85 millóns, de euros, unha cifra similar á deste ano. Neste capítulo, destaca o grao de responsabilidade dos coruñeses co pagamento das súas obrigas tributarias: o nivel de execución de ingresos foi do 87% o ano pasado, dous puntos máis que en 2012.
. Transferencias de capital: 5,34 millóns de euros, un 255% máis que este ano. Este aumento explícase fundamentalmente pola achega prevista pola Fundación Amancio Ortega (2,7 millóns para a construción do parque Adolfo Suárez) e polas achegas da Deputación, cun millón de euros.
. Participación en ingresos de Estado e Xunta: máis de 80 millóns de euros.
“O Presuposto Municipal de 2015 está pensado para reforzar a nosa posición como a cidade máis social, máis dinámica e máis investidora de Galicia grazas ao seu compromiso coa cidadanía e a unha ecuación que todas as familias aplican nas súas casas: rebaixar o gasto superfluo e mellorar a xestión para investir no verdadeiramente importante: gasto social, emprego e nos barrios desta gran cidade”, concluíu Rosa Galego.
MODIFICATIVO
No pleno celebrado hoxe, o Goberno municipal tamén aprobou de xeito definitivo un modificativo por un importe total de 2,51 millóns de euros que se investirán en programas de colaboración con entidades sociais e deportivas, programas de emprego, modernización dos espazos públicos ou o incremento das axudas para que os veciños poidan executar obras de accesibilidade e instalación de ascensores nos seus edificios.
O concelleiro de Economía e Facenda, Roberto Coira, explicou que o Concello desestimou as alegacións presentadas por PSOE e BNGporque non se tratan de reclamacións no sentido xurídico-presupostario, senón que son propostas alternativas de destino dasdisponibilidades.
A Concellaría de Servizos Sociais dispón para este ano con máis de 15,5 millóns, aos que se suman outros 387.061 euros grazas a este modificativo, onde destacan as seguintes partidas:
244.061 euros para financiar a nova sede de Down Coruña.
. 139.000 euros para 14 entidades sociais.
. 33.000 euros para o plan municipal para persoas con minusvalidez, 20.000 euros máis para ACLAD e outros 20.000 euros máis para a Cociña Económica.
O Goberno municipal tamén aproveita este modificativo para a mellora dos espazos públicos e da accesibilidade a vivendas. O investimento final para ambos os dous programas roldará os 1,2 millóns:
. 630.000 euros para incrementar a renovación e reparación de firmes e o mantemento de beirarrúas e áreas peonís.
. 200.000 euros para seguir axudando aos veciños a instalar ascensores. Así, en 2014 se destinaron 1,2 millóns a lograr que se instalen ascensores, un 33% máis que
en 2013.
. 121.650 euros para mellora da accesibilidade na zona de Riazor.
O modificativo inclúe outros proxectos importantes, como 40.000 euros para instalar xogos e pavimento de caucho nos colexiosRaquel Camacho, María Barbeito e Curros Enríquez; 200.000 euros para a organización de torneos e incrementar as axudas a 18 entidades deportivas; 232.007 euros aos Museos Científicos Coruñeses; e 99.500 euros para un convenio coa Fundación doInstituto Feiral da Coruña para actividades de promoción económica. Ademais, destínase diñeiro do presuposto municipal para o pagamento de débedas xeradas por anteriores gobernos municipais. En concreto, dedícanse 316.773 euros, polo que a cantidade final para sentenzas e débedas urbanísticas se eleva no que vai de mandato ata os 4,3 millóns.
“Este Goberno municipal vai polo camiño do sentido común e con este modificativo imos investir en 2014 case 2,5 millóns de euros a colaborar coas entidades sociais, o que supón duplicar o que destinaba o bipartito, e tamén incrementa ata os 23,5 millóns o presuposto de 2014 destinado a mellorar os barrios. O Goberno local destinou nos modificativos destes tres anos 7,7 millóns a emprego, gasto social e investimento nos barrios. E iso é o que nos pediron os cidadáns e iso é o que fixemos”, asegurou o voceiro do Executivo municipal, Julio Flores.
No pleno de hoxe tamén se aprobou de xeito definitivo un modificativo do presuposto do IMCE, unha transferencia de crédito de 196.500 euros que se destinará á organización de actividades da súa programación e a proxectos do Teatro Rosalía Castro.

DEVOLUCIÓN DE LIQUIDACIÓNS NEGATIVAS AO ESTADO
A Corporación Municipal, coa única abstención do BNG, acordou solicitar ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a ampliación en 120 mensualidades máis dos saldos debedores derivados das liquidacións definitivas da participación en tributos do Estado dos anos 2008 e 2009.
O entón Goberno dirixido por José Luis Rodríguez Zapateroconcedeu ao Concello 24,35 millóns de euros máis dos que lle correspondían, un diñeiro, que se gastou o bipartito municipal. A nova medida aprobada no Real Decreto Lei 12/2014 permitirá o aprazamento noutros 120 meses, establecendo un prazo total de devolución de 240 meses dende o 1 de xaneiro de 2012, sempre e cando os concellos -como é o caso de
A Coruña- cumpran o obxectivo de estabilidade presupostaria e o límite de débeda pública, e que o período medio de pagamento non supere en máis de 30 días o prazo máximo establecido.
“Considérase economicamente moi vantaxoso para o Concello daCoruña o aprazamento de 10 a 20 anos. Así a devolución total por ambos os dous exercicios (2008 e 2009) pasaría dun montante total anual de 2.316.427 euros a 953.823, o que implicaría un aforro presupostario de 1,4 millóns de euros que permitiría destinalo a outros fins de interese xeral”, explicou Roberto Coira, quen avanzou que o saldo pendente de devolución a 31 de decembro de 2014 ascenderá a 16.214.992 euros (devolvéronse máis de 8,1 millóns).
“Este goberno municipal asinou en verán de 2011 un primeiro préstamo de 11,45 millóns, que tramitou o bipartito. O segundo préstamo de 7 millóns foi para saldar as facturas que deixou sen pagar o anterior goberno. O bipartito incluíu nos presupostos da última lexislatura préstamos para investimentos por 50 millóns de euros”, recordou o concelleiro de Economía e Facenda, quen asegurou que este equipo de goberno ten que facer fronte ao pagamento de 75 millóns de euros nos próximos anos, entre amortización e intereses, correspondentes a préstamos do bipartito.
ZONA DE GRANDE AFLUENCIA TURÍSTICA
No pleno de hoxe tamén se aprobou a declaración de determinadas áreas municipais como Zona de Grande Afluencia Turística. O tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, explicou queA Coruña -de acordo ao Real Decreto Lei 8/2014, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competividad e a eficiencia- se encontra na relación de cidades que superan as 600.000 pernoctacións hoteleiras en 2013.
“As comunidades autónomas, onde se sitúen municipios que cumprisen estes requisitos en 2013, deberán declarar polo menos unha zona de grande afluencia turística nos devanditos municipios no prazo de seis meses dende a entrada en vigor deste Real Decreto e que, en ausencia de tal declaración, estes municipios dispoñerán” de plena liberdade de horarios comerciais” “durante todo o período anual en todo o seu ámbito”, indicou Luisa Cid.
A proposta que levou o Goberno municipal consensuouse co sector e céntrase en declarar as aperturas durante os seguintes períodos temporais: período do Nadal (do 1 de decembro a 8 de xaneiro); Carnaval (do venres anterior ao domingo posterior); Semana Santa (do venres anterior ao martes posterior); e período estival: (do 15 de xuño ao 15 de setembro). As zonas onde se acordou desenvolver esta proposta son:
Zona monumental
. Cidade Vella
ou Igrexa de Santiago
ou Colexiata de Santa María del Campo
ou Igrexa de San Jorge
ou Igrexa de Santo Domingo
ou Praza de Azcárraga
ou Praza das Bárbaras
. Praza de María Pita
. Galerías da Mariña
. Torre de Hércules – Patrimonio da Humanidade
. Murallas século XVII
. Xardín de San Carlos
. Castelo de San Antón
. Coruña Modernista
. Casa Picasso

Centro cidade
. Zona de concentración hoteleira
. Zona de concentración hostaleira
. Zona comercial
. Zona de recepción de cruceristas
. Zona de rutas marítimas
. Portos deportivos
. Dársena de autobuses
. Paseo do Parrote
. Xardíns de Méndez Núñez
. Museo de Belas Artes
. Casas Museo
. Praias de Riazor, Orzán e Matadoiro

Outros
. Estadio de Riazor
. Cemiterio de San Amaro